Anainar

Viveiristas: 
Tania Bouzas Varela
Javier Diaz Marcos
Beatriz Pastoriza Couto
Adrián Pazos Castiñeira
Motivacións que nos levaron a emprender: 

CIFP Someso, Febreiro do 2014. Chega ós nosos oídos “Lorenea”, un Centro de Interpretación da Xardinería e da Horticultura Ecolóxica situado xunto ó Parque dos Sentidos e ó edificio do concello de Noaín (Navarra).

Esta idea chamounos moito a atención por tratarse dun edificio bioclimático que conta ó seu carón cun parque no que a xardinería e a horticultura se desenrola con técnicas ecolóxicas.

Este ano ao realizar un proxecto empresarial non o dubidamos, tiñamos que crear un “Lorenea”, ou varios, aquí. Desta idea nace Anainar, un proxecto pensado para achegar un anaco do rural galego ós concellos máis urbanos.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Someso
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
López Viña, M. Carmen
Contacto co viveiro: 
viveiro.cifp.someso@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade cooperativa
Actividade económica: 
Agricultura ecolóxica
Produtos/Servizos: 
Productos ecolóxicos e talleres de formación en agricultura ecolóxica
Descrición da empresa: 

Adicámonos á agricultura ecolóxica. Ofrecemos cultivo e venta online de produtos con certificación ecolóxica. Impartiremos distintas actividades relacionadas coa ecoloxía que se poñen en práctica en fincas arrendadas dentro do núcleo urbano.
Ofrecemos principalmente os seguintes servizos e produtos:

  •   Cultivo de produtos con certificación ecolóxica fora do ámbito urbano para evitar contaminacións ou químicos procedentes de distintos medios
  •   Venta de produtos con certificación ecolóxica dende ``A despensa de Anainar´´
  •   Cursos prácticos de agricultura ecolóxica
  •   Parcela para cultivar produtos de maneira autosuficiente
Etiquetas: 
Tema: