Convocatoria programa Preparados para o salto 2020-2021
Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A. para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.
O obxecto deste programa é dar a coñecer ao alumnado ferramentas para xestionar o diñeiro, saber elixir produtos financeiros e coñecer a planificación financeira.
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado bacharelato, ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas para adultos, ensinanzas de artes plásticas e deseño e ensinanzas deportivas de centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
As actividades desta convocatoria comezarán no mes de xaneiro de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 22/12/2020.