Proxecto Lugo emprende 2014-2015
Este proxecto vense a sumar ás moitas colaboracións entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa. Esta proposta enmárcase no Plan de Emprendemento do sistema educativo de Galicia eduemprende.
O obxectivo principal é o fomento do espírito emprendedor entre o alumnado coa finalidade de crear empresas na provincia de Lugo así como favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.
Está dirixido ao alumnado e profesorado dos niveis educativos 6º de educación primaria, ESO, bacharelato e formación profesional de 20 centros da provincia de Lugo.
Centros educativos participantes
Seleccionáronse 13 IES/CPI —un por comarca—, 4 CEIP —un por concello máis poboado— e os 3 CIFP que contan con viveiro de empresas:
Comarca dos Ancares: CPI Uxío Novoneira
Comarca da Fonsagrada: IES Plurilingüe Fontem Albei
Comarca de Chantada: IES Val do Asma
Comarca de Lugo: IES Sanxillao
Comarca Mariña Central: IES de Foz
Comarca da Mariña Occidental: IES María Sarmiento
Comarca da Mariña Oriental: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Comarca de Meira: IES Pedregal de Irimia
Comarca de Quiroga: CPI Poeta Uxío Novoneira
Comarca de Sarria: IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Comarca da Terra Chá: IES Lois Peña Novo
Comarca de Terra de Lemos: IES A Pinguela
Comarca de Ulloa: IES de Monterroso
Concello de Lugo: CEIP Luís Pimentel
Concello de Monforte de Lemos: CPR Padres Escolapios
Concello de Villalba: CEIP Antonio Insua Bermúdez
Concello de Viveiro: CEP Luís Tobío
CIFP As Mercedes
CIFP Politécnico de Lugo
CIFP Porta da Auga
As institucións implicadas neste proxecto
- Coordinación e desenvolvemento do proxecto:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.
- Finanzamento:
49.575,77€ aportados pola Fundación Alcoa.
- Difusión:
El Progreso divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.
Actuacións programadas
Dentro das actuacións están programadas diferentes actividades dirixidas ao alumnado e ao profesorado.
- Actividades de sensibilización para o alumnado:
- Reunións con empresarios
- Visitas a empresas
- Formación de formadores (YPD):
- Formación para profesorado na aplicación da metodoloxía YPD (Young Potential Development) que lles permita transmitir ao alumnado capacidades e actitudes emprendedoras.
- Actividades de formación para o alumnado e profesorado:
- Sesións motivacionais
- Plan de empresa
- Patentes e marcas
- Marketing on line
- Presentacións de impacto
- Responsabilidade social empresrial
- Emprendemento social
- Emprender con éxito
- Concurso para o fomento da creación de proxectos empresariais:
- Redacción dunha idea de negocio: 6º de Educación promaria, 1º e 2º de ESO
- Pequeno proxecto de empresa: 3º e 4º de ESO
- Proxecto empresarial: Bacharelato e Formación Profesional
- Elaboración de material didáctico: vídeos e publicacións.
Difusión do proxecto
A través de diferentes artigos a publicar en El Progreso
Páxina web: www.edu.xunta.es/fp
No Boletín educativo
Folletos informativos
Vídeos e publicacións
- Presentación da xornada de inaguración
- Enquisa do proxecto para alumnado de bacharelato, formación profesional e secundaria
- Enquisa do proxecto para alumnado de primaria
- Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais