Convocatoria programa Emprendemento en FP 2018-2019

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, está enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Fundación Repsol para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor.

O Obxectivo deste programa é fomentar o emprendemento de base tecnolóxica entre alumnado e profesorado de ciclos superiores de formación Profesional dos concellos de A Coruña, Arteixo e Culleredo. Esta actuación encádrase no Plan de emprendemento no sistema educativo Eduemprende.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de ciclos superiores de Formación Profesional dos concellos de A Coruña, Arteixo e que cursen ensinanzas de formación profesional nas familias profesionais de: Administración e xestión, Comercio e márketing, Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica, Informática e comunicacións, Instalación e mantemento, Química, Sanidade, Seguridade e medio ambiente, Transporte e mantemento de vehículos, Marítimo-pesqueira, Madeira, moble e cortiza, Téxtil, confección e pel e Hostalaría e turismo.

As distintas actividades desta convocatoria desenvolveranse dende o mes de outubro ata o mes de febreiro.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25/09/2018.

Etiquetas: