Programa eduEmprende Eduinspira 2023

Este programa, enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo eduEmprende, desenvólvese coa colaboración da Cámara de Comercio de A Coruña, e ten como obxectivo amosar ao alumnado que o emprendemento é unha magnífica ferramenta para o emprego, e concienciar á comunidade educativa das posibilidades de creación de negocio nas distintas familias profesionais, que poden ser unha saída no futuro profesional do alumnado de formación profesional.

Eduemprende Eduinspira vai dirixido ao alumnado de ciclos formativos matriculado en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O programa desenvolverase nos propios centros educativos seleccionados, nos que o alumnado participante, a través de obradoiros, xogos e dinámicas grupais descubrirá o emprendemento e as habilidades emprendedoras.

Etiquetas: