Eduemprende Atrévete Ourense 2015
O programa consta de actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria e de xornadas de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Está organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao.
As actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria celébranse no CIFP A Farixa e as xornadas de fomento para Educación Secundaria Obrigatoria na sede da Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao.
Nesta convocatoria participaron un total de 210 alumnos e alumnas pertencentes as seguintes centros educativos:
- CEIP Rosalía de Castro
- CEIP Plurilingüe de Seixalbo
- IES Francisco Daviña Rey
- CPR Divino Maestro
- CPR María Auxiliadora
Colaboraron diferentes empresas da Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao:
- Adolfo Domínguez
- Grupo Aníbal Blanco
- Resinas y Fibras de Galicia REFIGAL