Convocatoria do programa eduemprende Atrévete 2022-2023

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, nace da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e diferentes asociacións e grupos empresariais, para impulsar e fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado, motivándoo e sensibilizándoo no espírito emprendedor.

Os obxectivos deste programa son:

  • Promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado.
  • Dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da súa contorna e as empresas das diferentes asociacións colaboradoras.
  • Dar a coñecer ao alumnado os centros punteiros e de referencia na Formación Profesional, así como as saídas profesionais das ensinanzas impartidas nos mesmos.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o martes 24 de xaneiro ata o luns 13 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: