Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2020-2021
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:
- Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Bacharelato que estean a cursar "Economía".
Cando se vai desenvolver a actividade?
As actividades que requiran a participación de persoal técnico do IGAPE e da/s persoa/s emprendedora/s realizaranse os martes, os mércores e os xoves desde xaneiro de 2021 ata o 31 de maio de 2021.
O horario desenvolverase en dúas quendas:
- De 9:00 a 11:00 horas
- De 12:00 a 14:00 horas
Adxudicarase unha actividade por centro, na que poderán participar varios grupos de alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño, e de bacharelato.
A data de inicio do programa será o 12 de xaneiro de 2021.
Como se vai desenvolver?
- Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
O profesorado programará unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai realizar na fase 1.
O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula. - Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.
A actividade na Fase 1 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:
- Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
- Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
- Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.
Solicitude
As solicitudes enviaranse segundo o modelo do Anexo I ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA 2020-2021
O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de decembro de 2020.
Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.
- Denominación do centro
- Persoa de contacto
- Teléfono de contacto
- Data de preferencia
- Enderezo electrónico de contacto
- Grupos de alumnado participante
Selección dos centros
Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.
Unha vez sinalada a data de desenvolvemento da actividade no centro, este deberá enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, os datos da/s persoa/s emprendedoras propostas polo centro para a súa participación, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA.