Proxecto A Coruña emprende 2
O obxectivo principal é avanzar na difusión do valor do emprendemento contribuíndo ao desenvolvemento das comarcas da provincia de A Coruña, así como promover o desenvolvemento das calidades persoais, tales como a creatividade, a iniciativa, a sunción de riscos e a responsabilidade.
Participan 15 centros da comarca de A Coruña. Seleccionáronse 9 IES/CPI —un por comarca—, 3CEIP —un por concello máis poboado— e os 3 CIFP que contan con viveiro de empresas:
Concello de Abegondo: IES de Viós
Concello de Arteixo: IES de Sabón
Concello de Arteixo: CEIP Ponte dos Brozos
Concello de Bergondo: CPI de Cruz do Sar
Concello de Cambre: IES Afonso X O Sabio
Concello de Carral: CPI Vicente Otero Valcárcel
Concello de A Coruña: IES Fernando Wirtz Suárez
Concello de A Coruña: CEIP Eusebio da Guarda
Concello de Culleredo: IES Universidade Laboral
Concello de Oleiros: IES María Casares
Concello de Oleiros: CEIP A Rabadeira
Concello de Sada: IES Isaac Díaz Pardo
CIFP Someso
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto
CIFP Paseo das Pontes
As institucións implicadas neste proxecto
- Coordinación e desenvolvemento do proxecto:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes. - Difusión: “La Opinión” divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.
- Finanzamento: 54.330,06€ aportados pola Fundación Alcoa.
Actuacións programadas
- Actividades de sensibilización para o alumnado:
- Reunións con empresarios
- Visitas a empresas
- Actividades de formación para o alumnado e profesorado dos centros implicados no proxecto:
- Xornadas de motivación
- “Design thinking”: desenvolvemento do proceso creativo
- A importancia da comunicación: “Story telling aplicado ao marketing”
- Presentacións de impacto
- Emprender con éxito
- Marketing on line
- Modelo de negocio: da idea ao mercado
- Patentes e marcas
- Aplicación das TIC no emprendemento
- Proxecto de miniempresas:
- Obxectivo xeral : fomentar activamente a creación de proxectos de miniempresas nos centros educativos.
- Obxectivos específicos:
-impulsar as metodoloxías vinculadas coa educación emprendedora
-potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado
-interconectar o sistema educativo co entorno
-valorar a figura das persoas emprendedoras
- Destinatarios:
Alumnado dos centros educativos implicados no proxecto
- Temporalización:
-Novembro: selección dos proxectos
-Novembro-decembro: formación do profesorado seleccionado
-Xaneiro-maio: desenvolvemento dos proxectos seleccionados nos centros
-Xuño: presentación de resultados
- Concursos para o Fomento da creación de proxectos empresariais:
– Redacción dunha idea de negocio: 6º Primaria e 1º e 2º ESO
– Pequeno proxecto de empresa: 3º e 4º ESO.
– Proxecto empresarial: Bacharelato e Formación Profesional.
- Elaboración de material didáctico: videos, publicacións
- Difusión do proxecto
Toda a información estará dispoñible:
- web: www.edu.xunta.es/fp
- Boletín educativo.
- Folletos informativos.
- Video do proxecto e publicacións.
- “La Opinión.”
- Enquisas
- Enquisa do proxecto para alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional
- Enquisa do proxecto para alumnado de primaria
- Concurso
- Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
- Relación de premiados
- Proxectos de miniempresas