Convocatoria programa Atrévete 2020-2021

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

Esta convocatoria vai dirixida ao Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Tanto as actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de primaria como as xornadas de formación dirixidas a 1º e 2º de ESO celebraranse desde o 11 de xaneiro de 2021 ata o 14 de maio de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 22/12/2020.

Etiquetas: