Aulas de emprendemento na FP. Listaxe provisional de centros presentados. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de centros presentados para participar na convocatoria da Resolución do 14 de marzo de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Aulas de emprendemento na formación profesional en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2022.

Na seguinte ligazón atopará a relación de centros presentados, así como a documentación requirida, se é o caso.

O prazo de emenda das solicitudes será de 10 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe provisional de centros presentados na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/fp).