Resolución do concurso 'Atrévete a ter unha idea!'. Santiago 2014

O 25 de xuño tivo lugar na sede da Asociación Área Empresarial do Tambre a entrega de premios da 1ª edición do concurso Atrévete a ter unha idea!.

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, o vicepresidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, a subdirectora de Formación Profesional e o director do CIFP Politécnico de Santiago, de Santiago de Compostela. Asistiron o profesorado, familias e alumnado premiado. Os gañadores foron:

  • Modalidade 6º de Primaria:

- Sara Ansede Vilas do CEIP de Roxos polo traballo "AVOPET"

- Ninfa Inés Riveiro Cores do CEIP Raiña Fabiola polo traballo "TAILORED"

  • Modalidade 2º de Educación Secundaria Obrigatoria:

- Eloy González Fernández do CPI de Bembibre polo traballo "MALVAREZ S.L."

- Sara Liñares Bardanca do CPI de Bembibre polo traballo "EL CHIP ANTIRROBO"

Todos os premiados recibiron un e-book e unha mochila con libros de lectura.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Resolución do concurso Atrévete Santiago 2014
  • Resolución do concurso Atrévete Santiago 2014
  • Resolución do concurso Atrévete Santiago 2014
  • Resolución do concurso Atrévete Santiago 2014
  • Resolución do concurso Atrévete Santiago 2014
Etiquetas: 
Multimedia: