Información xeral sobre o equipamento Edixgal

 

INFORME EQUIPAMENTO EDIXGAL IES VALLE-INCLÁN

Estimadas familias:

Desde o curso 2017-2018 o IES Valle-Inclán está incorporado ao proxecto Edixgal, un proxecto dixital de centro que conleva unha planificación específica para todo o alumnado.

Tanto na planificación realizada pola coordinadora Edixgal como nas recomendacións de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) considérase unha medida positiva levar os equipos para os domicilios, xa que redunda na responsabilidade do alumnado con respecto ao coidado do seu material e na eficacia e aproveitamento da xornada lectiva. Así aparece reflexado tamén no acordo de cesión dos portátiles, que establece nas cláusulas de “Condicións de uso” os seguintes apartados:

a) “O/a alumno/a levará o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas encargadas polo seu profesorado (…)”

c) “O alumnado comprométese a levar todos os días o ordenador ao centro coa batería completamente cargada.”

De todos os xeitos, o IES Valle-Inclán poñerá a disposición de quen o solicite os carros de carga para que os equipos poidan permanecer no centro ao rematar a xornada lectiva. Dita solicitude (documento adxunto) conleva a revogación do contrato de cesión no apartado "c", e non impide poder levar o portátil para o domicilio.

Manterémonos atentos ás solicitudes de petición de custodia dos equipos nos cargadores e valoraremos a conveniencia ou non dalgunha modificación organizativa de cara ao próximo curso que atenda ás necesidades da maior parte do alumnado. Buscamos, en definitiva, que na xestión do centro se faga prevalecer sempre o interese común.

A DIRECCIÓN DO IES VALLE-INCLÁN

(2022-2023)

 

 

AdxuntoTamaño
Solicitude portátiles no centro-3.pdf350.88 KB