SEMANA DE EUROPA NO IES VALLE INCLÁN
Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo
A Escola Mentora Embaixadora IES Valle-Inclán coordinada pola profesora Leonor Rodríguez Tato celebrou esta semana o día de Europa (9 de maio) desenvolvendo as seguintes actividades:
1. O alumnado do Centro realizou concursos sobre a Unión Europea nas clases para dar a coñecer as cuestións básicas da UE: Cantos países forman a UE? Cantas son as linguas oficiais? É o galego unha lingua oficial da UE? Cal é o órgano de goberno da UE? Que oito países non utilizan o euro? Cal é o país máis pequeno, e o máis grande? O de máis densidade de poboación? Cal é a diferencia entre Consello e Consello Europeo ?. Pica na imaxe para ver máis fotografías.
2. INFOPOINT: Día de Europa con preguntas básicas con código QR e novas de maio da UE. Pica na imaxe para ver máis fotografías.
3. O xoves 6 de maio o alumnado Embaixador de 1º Bacharelato tivo dúas videoconferencias organizadas por Europe Direct a Coruña sobre bolsas ERASMUS.
O alumnado e exalumnos Erasmus falaron dos seguintes puntos:
- Certificación de idiomas para bolsas Erasmus
- Bolsas da Xunta e do Ministerio
- Organizacións como ESN que axudan a estudantes Erasmus
- Materias convalidadas
- Podcast: Destino Erasmus
- Países aos que pedir destino dependendo do perfil do alumno
Pica na imaxe para ver máis fotografías.
4. O venres 7 de maio alumnos Embaixadores desprazáronse ao colexio Alvarez Limeses para falar da UE cos mapas entregados por Europe Direct A Coruña co fin de que o alumnado poidese comentar os símbolos de cada país e debuxar a súa visión da UE. Tamén entregaron e explicaron nos colexios San Xosé e Barcelos estes mapas. Pica na imaxe para ver máis fotografías.