CAMPAÑA "NON MORE MATILDAS" DA ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Dentro da campaña "no more Matildas" das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo e polo día da muller traballadora e a Muller na ciencia  os alumnos do IES Valle-Inclán crearon un mosaico en inglés, francés e alemán  para visibilizar o papel da muller con biografías e fitos de mulleres importantes que deberiamos coñecer.

O nome do que se coñece como efecto Matilda xurde en honra de Matilda Joslin Gage, a primeira activista en denunciar a inxustiza de ignorar de xeito sistemático os logros de brillantes científicas ao longo da historia.