VIDEOCONFERENCIAS CO COLEXIO MIGUEL DE CERVANTES DE SAO PAULO (BRASIL): COMPARTINDO EXPERIENCIAS DE PANDEMIA

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de análise do discurso impartida polo profesor de Lingua Castelá Jesús Portela, realizou varias videoconferencias con alumnos do colexio Miguel de Cervantes de Sao Paulo en Brasil, nas que compartiron experiencias persoais relacionadas sobre todo coa pandemia na que estamos inmersos. Pica na primeira imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia e na segunda para ver máis fotografías.