DOUS EQUIPOS DE 1º DE BACHARELATO PARTICIPAN NO PARLAMENTO XOVE 2021

Este sábado 13 de marzo dous equipos de 1º de Bacharelato participaron na 12ª edición do  Parlamento Xove. O equipo 1 que estaba formado por Sara Castro, Martín Cernadas, Alicia Dopazo e Paula García e  coordinado polo profesor de Língua Castelá Daniel Mejuto tivo que debatir co IES Laxeiro de Lalín, o CPR plurilingüe Sta. María de Ourense e o IES de Soutomaior mentras que o equipo 2 formado por Manuel Carrascal, Yago Losada, Iria Méndez e Iria Turnes e coordinado pola profesora de Lingua Castelá Ana Bugallo tivo que debater co IES Fontexería de Muros, o IES de Becerreá e o equipo dous do IES Laxeiro de Lalín.

O tema do debate foi debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?. Previo ao mesmo sorteábase a postura a favor ou en contra e despois os equipos aportaban os seus argumentos na introdución, refutacións e conclusións do debate. A actividade que se desenvolveu ao longo da mañá e tarde do sábado foi sen dúbida unha moi boa experiencia para o noso alumnado. Pica na seguinte imaxe para ver máis fotografías.