EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR" DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

Entre os días 25 de xaneiro e 8 de febreiro estivo instalada no Centro a exposición "Cartas de amor", cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". Está composta por 15 obras orixinais que se pediron aos autores e autoras para ilustrar  o que interpretan como situacións violentas nas relacións entre parellas adolescentes.

Pica na imaxe para ver todas as fotografías.