A ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO GAÑADORA DA X EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS "INSPIRACIENCIA DO CSIC

A alumna de 2º de Bacharelato Paula Domínguez Barreiro co seu relato "O campo de espigas" é a gañadora no apartado de público xoven na modalidade de Galego na décima edición de "Inspiraciencia", un certame de relatos breves de inspiración científica promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas a través da súa Delegación en Cataluña e que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Esta iniciativa busca relacionar ciencia e escritura, pensar e imaxinar a ciencia dende a ficción. O acto de entrega de premios tivo lugar en formato virtual dende a Residencia de Investigadores de Barcelona. Noraboa e parabéns, Paula.

Pica na imaxe e escolle a opción de relatos premiados en galego para ler o seu traballo: