OBRADOIRO DE HIP HOP PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO

Os pasados 2 e 3 de marzo o alumnado de 3º de ESO asistiu a un obradoiro de hip hop impartido polo músico Serxio Regos, integrante do grupo García Mc & Nación Quilombo, un dos grupos de referencia do hip hop galego actual. O obradoiro consistíu nunha aproximación teórica e práctica ao mundo do hip hop onde o alumnado creou e interpretou as súas propias rimas.

Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Música e a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Pincha na imaxe inferior para ver máis fotografías.