ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO: CONFERENCIA DE TAREIXA CASAL "A IMPORTANCIA DO TURISMO COMO MOTOR ECONÓMICO: PROS E CONTRAS A DEBATE

O venres 20 de setembro arrancou o primeiro Sofá con Tareixa Casal, profesora de turismo no CIFP Carlos Oroza, que analizou e convidou ao alumnado do IES Valle Inclán a que reflexionasen sobre o sector do turismo como motor xerador de emprego e de distribución da renta con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo, e que a OMT, Organización Mundial do Turismo, adica este ano ao “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos”, tendo como país anfitrión à India.


Na charla suliñouse que aínda que a importancia da industria turística é evidente xa que aporta case un 12%  do Produto Interior Bruto na economía estatal,  dado o seu dinamismo tanto no que atinxe á demanda nacional como internacional, tamén é incuestionable que todavía quedan retos e desafíos nos que aplicarse e traballar: a capacidade de carga dos destinos e espazos naturais protexidos nos que é fundamental un equilibrio, a incursión da transformación dixital e revolución big data que obriga a reciclarse e replantearse a comercialización, a temporalidade, ou mesmo a irrupción de novas modalidades de aloxamento que todavía é necesario regular a nivel lexislativo tal e como apuntou no coloquio un alumno, e mesmo o consumo en equilibrio co entorno, dando prevalencia no sector da restauración a produtos km 0, xeradores de emprego cercano e máis respetuosos co medio ambiente.
 
Como aspectos positivos destacouse o coñecemento e intercambio con outras culturas, que fai que as persoas sexamos máis tolerantes e afíns a outras maneiras de vivir e pensar, e na que Pontevedra vén de ser recoñecida como cidade na que o respeto é máxime,  e o valor da xeración de eventos como mecanismos impulsores da xeración de emprego fóra da tempada estival, como a Feira Franca, Cantos na Maré ou a feira Pont Up Store que se desenvolveu na pasada fin de semana.

Pincha na imaxe para ver máis fotografías da charla.