CONCERTO " THE HUMAN VOICE" DA NOSA PROFESORA AUXILIAR DE INGLÉS BOONIE COOPER

Este xoves 17 de xaneiro ás 20:30 horas no teatro Principal, a nosa profesora auxiliar de Inglés e Soprano Boonie Cooper interpretará a obra "The human voice". Unha traxedia lírica nun acto, composta por Francis Poulene, con libreto de Jean Cocteau. A obra data de 1958 e toma forma de diálogo telefónico entre unha muller e a súa exparella, tras a recente ruptura da relación. Ademáis de Boonie como soprano tamén participan na obra Samuel Serrano ao piano e Sarah Harrision, dramaturga.