CONVOCATORIA DO III CERTAME DE RELATOS ESPERPÉNTICOS DO IES VALLE INCLÁN

Nos seguintes documentos tedes as bases do III Certame de Relatos Esperpénticos do IES Valle Inclán que busca fomentar a creatividade do noso alumnado así como homenaxear ao escritor Ramón María del Valle-Inclán que da nome ao Centro por medio da utilización do xénero literario do Esperpento creado polo escritor vilanovés. Outorgaranse  12 premios en total, 6 para as obras escritas en Castelán e outros 6 para as obras escritas en Galego.