A PROFESORA DE LINGUA GALEGA Mª VITORIA OGANDO VALCARCEL GAÑADORA DO PREMIO XOAN MANUEL PINTOS

A que foi durante máis de trinta anos Catedrática de Lingua Galega e Literatura no IES Valle Inclán Vitoria Ogando Valcárcel recibiu onte no Pazo da Pedreira xunto co seu home e ex-profesor do IES Sánchez Cantón Anxo González Guerra, o Premio Xoan Manuel Pintos otorgado polo Concello de Pontevedra en recoñecemento ao seu traballo no impulso da presenza da Lingua Galega na sociedade. 

Vitoria pertence á primeira promoción da Universade de Santiago de Filoloxía Galego-Portuguesa. No ano 1981 aprobou as oposicións a Cátedras de Lingua Galega e desde ese intre ata a súa xubilación impartiu clases no IES Valle Inclán, no que tamén foi moitos anos Secretaria do Centro. No ano 1987 publicou xunto con Anxo o libro "Exercicios de Lingua" e no ano 2005 crearon a páxina web ogalego.eu, a que aínda actualizan a día de hoxe e que se converteu nunha ferramenta de traballo fundamental para moito do profesorado e alumnado de toda Galicia. 

Noraboa de todo o Centro aos premiados.

  

Tamén podes escoitalos no programa de radio de Pontevedra Viva Conversas na Ferrería: Falando da lingua galega do xoves 14 de decembro de 2017.