CARLOS BEN ARRIBI, TELMO COSTA CARBALLO E LARA SAN MARTÍN SUÁREZ MENCIÓNS DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 2º de Bacharelato Carlos Ben Arribi, Telmo Costa Carballo e Lara San Martín Suárez obtiveron mención de honra na Olimpiada Matemática Galega que tivo lugar en Santiago de Compostela e na que participaron 125 alumnos de toda Galicia. Hai que destacar que se concederon tres premios e doce mencións honoríficas, polo que de 15 galardóns tres foron para alumnos do noso Centro. 

 

 

A Olimpiada Matemática Galega constitúe a Fase autonómica galega da Olimpiada Matemática ESpañola e é unha competición entre estudantes de Galicia que ten como obxectivo fundamental estimular o estudo das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva busca desenvolver o gusto pola resolución de problemas. Tedes máis información na seguinte ligazón: Olimpiada Matemática Galega

Tamén participaron os alumnos do Centro Pablo Carballo Fraguas e José González López de Lerma. Noraboa a todos eles e a profesora de Matemáticas Teresa Insua que os animou e acompañou nesta experiencia.