VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO DE ECONOMÍA DA EMPRESA A INDITEX E PULL&BEAR

O alumnado de 2º de Bacharelato de Economía da empresa poido visitar as instalacións de INDITEX e PULL&BEAR na Coruña. Alí poideron observar aspectos como a preparación que conleva a realización dos escaparates, a loxística, o proceso industrial robotizado no que impera a filosofía just in time, os edificios intelixentes e o minucioso control de calidade. Sen dúbida unha visita que nunca esquecerán.