ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO PARTICIPAN COMO XURADO DOS PREMIOS DE LITERATURA SAN CLEMENTE

Este mércores 8 de novembro alumnos de 2º de bacharelato do IES Valle Inclán participaron como xurado, xunto con alumnado de outros cinco centros de Galica e outros cinco de diferentes países europeos, na concesión dos famosos premios de literatura San Clemente que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago en colaboración con Abanca. Miguel Álvarez Amoedo e Carlos Ben arribi participaron na categoría de Lingua Galega, Ángela Sánchez Hernández e Pablo Fariña Aldao na categoría de Lingua Castelá e Pablo Carballo Fraguas e Emma Silva Monterroso na categoría de Lingua Estranxeira. Ademais tres deles foron os portavoces que ante os medios de comunicación deron o nome das tres obras ganadoras:

L.Galega: Todo canto fomos (Xosé Monteagudo)

L.Castelá: Patria (Fernando Aramburu)

L.Estranxeira: Morir en primavera (Ralf Rothmann)

É un orgullo que o noso alumnado poida participar nun evento de tanta repercusión. No primeiro trimestre de 2018 celebrarase unha cea de gala cos gañadores no Hostal dos Reis Católicos. Pincha nas ligazóns para ter máis información, na imaxe inferior para ver máis fotografías ou nos vídeos para ver o momento de proclamación dos gañadores.

Noticia publicada na edición dixital de ABC o xoves 9 de novembro

Noticia publicada na edición dixital da Vanguardia o mércores 8 de novembro

Noticia publicada na edición dixital do Correo Gallego o xoves 9 de novembro