VISITA DOS GRUPOS DE 3º DE ESO A SOTAVENTO

Os pasados mércores 10 e venres 12 de maio os grupos de 3º de ESO visitaron o parque eólico experimental Sotavento onde puideron ver un aeroxenerador, unha vivenda bioclimática e totalmente domotizada e ter varias charlas relacionadas coa enerxía. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.