ACTO DE DESPEDIDA DOS ESTUDANTES FRANCESES CON DOUS INVITADOS DE EXCEPCIÓN

Este venres 3 de febreiro tivo lugar no paraninfo do Centro, o acto de despedida dos estudantes franceses e entrega de diplomas ao alumnado do programa Erasmus + Yes young european in sports, que está resultando un éxito en canto a actividades desenvolvidas e motivación dos participantes. Dito evento contou coa presenza do ex-xogador de balonmán e actor David Amor e o ex-alumno e campión de España de bailes de salón Adrián Esperón. O programa continua e terá outro momento importante na visita dos nosos alumnos ao centro francés en Beauvais do 23 ao 29 de abril. A continuación tedes dúas imaxes e o recorte da noticia publicada na Voz de Galicia o sábado 4 de febreiro.