CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS

Baixo a coordinación da profesora de Relixión Isabel Calvo, estase a desenvolver unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, que estarán destinados ás persoas necesitadas a través das organizacións de Cáritas e o Banco de Alimentos. Podedes depositalos nas caixas que están entrando no Centro á esquerda, na zona do espello de Valle-Inclán. Animádevos a colaborar, o prazo é ata o mércores 21 de decembro.