ACTO DE ACOLLIDA DE EX-ALUMNADO ERASMUS DO IES VALLE INCLÁN

Non ten autorización para enviar comentarios.

Con motivo do 30 aniversario do programa europeo Erasmus, no que o Centro está involucrado co programa Erasmus+ Yes Young European in Sports, coordinado pola profesora de Educación Física Ana Santos Solla en colaboración con institutos franceses, tivo lugar no paraninfo un acto de acollida de ex-alumnado do IES Valle Inclán que participou no programa Erasmus en diferentes países de toda Europa. Asistiron 22 ex-alumnos dos máis de 200 cos que se contactou nestes últimos meses. Aquí tedes un vídeo-resumo do evento e pinchando na imaxe o artigo publicado na voz de galicia o venres 20 de outubro ou no texto para ver o publicado no Faro de Vigo.

Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo o mércores 18 de outubro

Artigo publicado en pontevedraviva.com o venres 20 de outubro