REMATOU O INTERCAMBIO DE 4º DE ESO EN ALEMANIA AGARDAMOS EN MAIO AOS ESTUDANTES ALEMÁNS

Non ten autorización para enviar comentarios.

O noso alumnado de 4º de ESO de alemán xa está en Dresden, unha cidade fermosa e monumental á orilla do río Elba. O fin de semana estiveron coas familias e o luns tiveron o seu primeiro día de convivencia de todo o grupo. 

 Este martes estiveron en Berlín. Fíxeron dúas visitas: O museo de Pérgamo, que alberga unha impresionante colección de antigüedades, o museo de Oriente e o museo de Arte Islámico, e o Parlamento alemán. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

O xoves grazas á cercanía coa cidade de Dresden o alumnado do intercambio tivo a sorte de poder visitar a cidade de Praga. 

Nos últimos días o alumnado alemán ensinou aos nosos alumnos/as os lugares máis significativos da cidade de Berlín e tivo lugar a festa de despedida que é un ata pronto porque en maio acolleremos aos estudantes alemáns.

Pincha na imaxe para ver todas as fotografías da viaxe. Moitas grazas á profesora Ana Bugallo que exerceu de reporteira gráfica.