VISITA DO ALUMNADO DE 1º DE ESO AO SALÓN DO LIBRO

Non ten autorización para enviar comentarios.

Este xoves 23 de marzo o alumnado de 1º de ESO tivo a oportunidade de desfrutar dunha visita guiada ao Salón do Libro que leva por título "O mundo que queremos" e dunha magnífica conferencia a cargo de Luis Davila, humorista gráfico que lles ensinou diferentes técnicas de debuxo e expresión e agasallounos cun debuxo adicado. A conferencia foi un agasallo do Salón do Libro por ter participado como centro colaborador cun traballo do alumnado de Relixión de 1º de ESO.

Pincha na imaxe para ver todas as fotografías da visita.