Actividades

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.INFORMACIÓN FAMILIAS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022/23

 

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS -CONVOCATORIA

 

            De acordo coa Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 

1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pai/nai, dun total de TRES que debe ter o Consello Escolar.

2. Co obxecto de manter os períodos de renovación, os membros do consello escolar elixidos conforme serán nomeados por un período de catro cursos escolares.

3.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 4 de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 11 de novembro.

 

4.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Centro. As candidaturas poderán ser presentadasa partir do día 4 de novembro ata as 14'00 horas do día 11 de novembro. 

 

5.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 14 de novembro, ás 12:10 horas na secretaría do centro. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a ou Secretaria do centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

 

6.- A campaña electoral desenvolverase entre os días 15 a 20 de novembro. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES

 

7.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro, que estean avalados cando menos pola sinatura de dez electores/as.

 

8.- As votacións realizaranse no Salón de Actos este IES o día 21 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:00 horas.

 

9.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de ­­_2____ nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.

 

10.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

 

11.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

 

12.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Narón, 4 de novembro de 2022

 

A DIRECTORA- PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL Graciela Galdo Vigo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer