Actividades

 

AXUDAS TRANSPORTE E HORARIOS DE MONBUS PARA ALUMNADO QUE NON TEN TRANSPORTE ESCOLAR

Estimadas familias:

Pode solicitar axudas individualizadas o alumnado matriculado no curso 2020/2021 en centros educativos públicos con dereito a transporte escolar gratuíto (Educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria) que por diversas circunstancias non poida facer uso das rutas de transporte escolar existente.

O alumnado de Formación Profesional Básica que non poida facer uso de rutas de transporte escolar en centros educativos públicos pode solicitar axudas de acordo co disposto na Instrución que aproba anualmente a Secretaría Xeral Técnica da Consellería e sempre que cumpran os requisitos que se establezan. 

Neste ENLACE teñen todas as instruccións, e NESTE ENLACE poden descargar o anexo da solicitude.

 

RUTAS DE TRANSPORTES DE MONBUS PARA ALUMNADO DE BACHARELATO/CICLOS OU PARA OUTROS ALUMNOS DA ESO E FP BÁSICA QUE O NECESITARAN E NON POIDAN UTILIZAR O TRANSPORTE ESCOLAR:

 

Por se fora de utilidade para este alumnado deixámosvos tamén UN ARQUIVO con todas as paradas. Tamén estará dispoñible proximamente ede forma estable no menú da esquerda.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer