Actividades

 

CIRCULAR FIN DE CURSO

 

 

Estimadas familias:

 

Compartimos diversas información acerca do remate de curso.

 

As últimas actividades do curso rematarán o día 19 de xuño, aínda que o día 18 de xuño terá lugar o Festival Fin de Curso polo que se interrumpirán as clases a partir das 12:10.

 

As notas finais publicaranse na plataforma Abalar o día 25 de xuño ás 11:00, en caso que teñan dificultade para entrar na mesma deberán enviar un correo ao centro:ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. Teñan en conta que a plataforma pode estar saturada durante a mañá e pode darse a posibilidade de que teñan que intentar entrar varias veces. Pedimos teñan paciencia.

 

O Consello orientador entregarase en papel cando veñan entregar o sobre de matrícula.

 

Poderán solicitar revisión de exames previamente, por correo electrónico, o día 25 de xuño de 11:00 a 13:00. Ese mesmo día contestarémoslles pola mesma vía e darémoslles unha cita para o día 26 de xuño entre as 10:00 e as 12:00.

 

O PRAZO PARA FACER RECLAMACIÓN SOBRE AS NOTAS FINAIS COMEZARÁ O DÍA 25 XUÑO ÁS 11:00 E REMATARÁ O DÍA 29 DE XUÑO ÁS 11:00

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer