Iniciar sesión

Encontro de María Rei Vilas cos compoñentes do noso club de lectura

O día 4 de abril estivo na biblioteca do centro a escritora María Rei Vilas para comentar co noso club de lectura o seu libro Flores de ferro. Foi un encontro ameno, empezando pola explicación do proceso de creación de dito libro e seguido dun coloquio moi interesante.