Iniciar sesión

Réplica a escala do ascensor do centro

No curso 22-23 o alumnado de tecnoloxía industrial de 1º de Bacharelato deseñou e construiu unha réplica a escala 1:10 do ascensor do centro dentro dun proxecto que abarcou todo o curso. Realizaron medidas, calcularon a potencia do ascensor real, deseñaron a estructura en 3D e o circuito electrónica necesario para facelo funcionar. O deseño do circuito dou tantos problemas que non se puido rematar o funcionamento, iso queda para outro curso e outro alunmado. 

Vede aquí parte do proceso e o resultado: