Iniciar sesión

BENVID@S AO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA!

 

 

CURSO 2023/24

COMPOÑENTES

 Daniel Esmorís Puñal

 Natalia Abelenda Lameiro (xefa de departamento)

MATERIAS IMPARTIDAS

 Física e Química 2º ESO-A, 2º ESO-B, 3º ESO-B e Física 2º BACH-A: Daniel Esmorís Puñal

 Física e Química 3º ESO-A, 4º ESO-A, 1º BACH-A e Química 2º BACH-A: Natalia Abelenda Lameiro

LIBROS DE TEXTO

2º ESO:-

3º ESO: Física y Química 3º ESO. Editorial sm (978-84-1120-758-4)

4º ESO: -

1º Bacharelato:  Física y Química 1º Bachillerato. Editorial sm (978-84-1120-219-0)

2º Bacharelato (Física): Física 2º Bacharelato. Baía Edicións (978-84-9995-423-3)

2º Bacharelato (Química): Química 2º Bacharelato. Baía Edicións (978-84-9995-429-5)

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E MECANISMOS DE RECUPERACIÓN

 Física e Química 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO

 Física e Química 1º Bacharelato

 Física 2º Bacharelato

 Química 2º Bacharelato

 Programa de reforzo e avaliación de materias pendentes

LIGAZÓNS A SITIOS DE INTERESE

 Blogue do departamento

 Comisión Interuniversitaria de Galicia (información sobre ABAU)

 Eventos

 

 

Visita a Cavisa-Caolines de Vimianzo (2024)

O pasado mércores 08/05/2024 o alumnado de 1º ESO visitou as instalacións da explotación mineira de Cavisa-Caolíns de Vimianzo. Alí tivo a oportunidade de coñecer os principais procesos empregados para extraer caolín, mica e areas silíceas, minerais que teñen aplicacións en sectores tan diversos como a construción, a automoción ou a cosmética entre outros. Así mesmo, puido apreciar o papel da auga tanto na extracción como no lavado dos minerais, valorando a importancia da súa xestión sustentable e das accións de restauración mineira e rexeneración ecolóxica nas que Cavisa está implicada.


 

Visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo (2024)

O pasado xoves 25/01/2024 o alumnado de 1º Bacharelato de ciencias visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Alí tivo a oportunidade de participar en varios obradoiros da Aula aberta á tecnociencia: o obradoiro de física re-creativa no que observaron como se forman, descompoñen e perciben as cores a partir da interacción da luz coa materia empregando os modos RGB e CMY e o obradoiro de combustión, onde coñeceron diferentes aspectos relativos a este tipo de reaccións a través de experimentos de formación de lapas de difusión, premestura ou deflagración. Xa pola tarde participaron no obradoiro de materiais, no que puideron palpar diversos materiais "intelixentes", con propiedades asombrosas, así como metais unidos por diferentes tipos de soldaduras como a soldadura explosiva.

 

 

Obradoiro de SOGAMA

O pasado mércores 20/12/23 tivo lugar na sala de usos múltiples do noso instituto unha conferencia-obradoiro de SOGAMA para o alumnado de 1º ESO. Nela repasaron o sistema de clasificación de lixo que aplica nos concellos da comarca do Soneira e coñeceron a nivel xeral a actividade que se leva a cabo nas instalacións de SOGAMA. Así mesmo, os estudantes puideron valorar a importancia das nosas accións individuais á hora de reducir a enorme cantidade de lixo que producimos.

 

 

Axendas ecolares mineiras proporcionadas por CAVISA: Caolíns de Vimianzo

O alumnado de 1º ESO-A e 1º ESO-B do IES Terra de Soneira xa dispón das axendas escolares elaboradas pola Cámara Oficial Mineira de Galicia grazas a CAVISA: Caolíns de Vimianzo, cuxas instalacións visitarán o presente curso.

Encántanos o seu deseño, poñendo en valor o papel da muller neste eido da minaría, e tamén as curiosidades tan interesantes que alberga no seu interior en relación aos minerais e as súas aplicacións. Non lle falta de nada... ata Táboa Periódica inclúe! Seguro que os nosos estudantes lle van a sacar partido.

 

 

CURSO 2022/2023

Obradoiro de elaboración de protector solar natural

O pasado luns 15/05/2023 o alumnado de 3º ESO-A participou nun obradoiro de elaboración de protector solar natural impartido dentro do programa Aprende a través do surfing. Ademais de coñecer os diferentes tipos de radiación UV e os seus efectos no noso organismo ou os compoñentes máis frecuentes empregados nos protectores solares comerciais, o alumnado puido colaborar na elaboración in situ dun protector solar tomando como elemento base diferentes aceites naturais.

 

Obradoiros da Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ)

O pasado mércores 15/02/2023 o alumnado de 3º ESO e 4º ESO de ciencias asistiu aos obradoiros impartidos no noso centro por científicos da Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ). Os estudantes puideron observar a coloración á chama que producen diferentes sales, demostracións con polímeros como o poliacrilato de sodio, ensaios ácido-base empregando col lombarda como indicador, formas de acelerar a reacción de descomposición do peróxido de hidróxeno...

 

Visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo (2023)

O pasado mércores 11/01/2023 o alumnado de 1º Bacharelato de ciencias visitou a ETSE de minas da Universidade de Vigo. Alí tivo a oportunidade de participar en varias actividades da Aula Aberta á Tecnociencia: o obradoiro de combustión, no que puido coñecer e experimentar diferentes aspectos relativos a este tipo de reaccións, e o de termografía infravermella que incluía o visionado cunha cámara deste tipo. Xa pola tarde participou no taller de minerais no que debía achar a identidade de sete minerais descoñecidos a través de diferentes ensaios experimentais. Moi satisfeitos coa experiencia!

 

Conferencia-obradoiro de SOGAMA

O pasado luns 07/11/2022 tivo lugar na sala de usos múltiples do instituto a conferencia-obradoiro de SOGAMA en dúas quendas: unha para o alumnado que cursa a materia de Física e Química de 2º ESO e outra para aquel que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO. Ademais de repasar o sistema de clasificación do lixo que aplica nos concellos da comarca de Soneira, esta actividade permitiulle ao alumnado valorar a importancia das nosas accións individuais á hora de reducir a enorme cantidade de lixo que producimos.

 

 

CURSO 2021/2022

Visita ao CIQUS e CIMUS

O venres 10/06/2022 o alumnado de ciencias de 4º ESO visitou os Centros Singulares de Investigación da USC: CIQUS e CIMUS.

No CIQUS a profesora Beatriz Pelaz efectuou unha presentación sobre a investigación que se leva a cabo no mesmo. A continuación o alumnado efectuou unha visita guiada polos laboratorios e instalacións do centro que albergan precisos equipos analíticos como o de cromatografía líquida de alto rendemento ou de resonancia magnética nuclear. A visita finalizou cun obradoiro de experimentos químicos.

Xa no CIMUS foi a técnica Carmen Barros a encargada de presentar o centro e algunhas das investigacións levadas a cabo no mesmo. Acto seguido os estudantes visitaron as instalacións dos servizos centrais do centro (histoloxía e microscopía -entre a que cómpre citar a microscopía de fluorescencia-). Así mesmo, tamén estiveron nos laboratorios da plataforma Innopharma do CIMUS adicada ao desenvolvemento temperán de fármacos, apreciando as diferentes etapas e sofisticados equipos necesarios para o desenvolvemento exitoso dun medicamento.

 

Participación na Masterclass do IGFAE polo Día Internacional da Muller e da nena na Ciencia

As alumnas de 1º Bacharelato de Ciencias: Lucía Roget Blanco e Ariadna Martínez Pasión participaron o pasado 11 de febreiro na masterclass organizada polo Instituto Galego de Física de Altas (IGFAE) na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. Ademais de asistir a varias videoconferencias sobre física de partículas e efectuar unha práctica por ordenador con datos reais dun experimento do CERN, tiveron a oportunidade de participar nunha charla-coloquio con varias mulleres científicas de diferentes culturas, países, etnia e condición que fixeron grandes aportacións á ciencia desde os espazos que conseguiron ocupar.

 

Visita ao Instituto de Cerámica de Galicia e á Unidade de Radiofármacos PET Galicia

O pasado luns 20/12/2021 o alumnado de Química de 2º Bacharelato visitou o Instituto de Cerámica de Galicia. A través dun percorrido polas súas instalacións guiado polo director do centro, Francisco Guitián Rivera, o alumnado puido coñecer e observar aplicacións tan interesantes dos materiais cerámicos como é a construción de próteses para estruturas óseas, impresión de catalizadores de procesos industriais, ensaios de esforzo sobre ladrillos, obtención de fibra de rocha a partir de lousa fundida e cuarzo...

Ao mesmo tempo, o alumnado de Física de 2º Bacharelato visitou a unidade de Radiofármacos PET Galicia-SERGAS, onde se producen dous radiofármacos con fin diagnóstico: a 18F-fludesoxiglicosa e a 18F-colina. O director técnico da unidade, Santiago Medín Aguerre, explicounos como se produce o F-18 (isótopo radioactivo do flúor) bombardeando átomos de O-18 con protóns que son acelerados nun ciclotrón. A continuación na unidade de síntese o F-18 debe unirse á molécula que nos permite facer a exploración desexada. Por último, o radiofármaco debe dispensarse nos viais (un para cada un dos tres hospitais galegos nos que se administra) e someterse ao autoclave para garantir a súa esterilidade. O alumnado puido observar e apreciar os sistemas de blindaxe existentes nas instalacións e os empregados nos equipos de transporte do radiofármaco así como diferentes instrumentos de medida da radiación.

 

Visita a AMSlab: detectives da materia

O pasado luns 13/12/2021 o alumnado de 1º Bacharelato de ciencias visitou as instalacións de AMSLab en Lugo, empresa adicada ao control de calidade na que se efectúan análises físicas, químicas e biolóxicas para a industria da moda, alimentación, xoguetes, veterinaria e farmacéutica. Un traballo propio de auténticos detectives da materia!

Partindo da sala de mostraxe -onde se recollen as mostras necesarias dos produtos a analizar- os estudantes puideron percorrer os diferentes laboratorios de ensaios e análises, coñecendo varias das técnicas e instrumental empregados nos mesmos, entre os que cabe destacar a espectrometría de masas.

 

Obradoiro do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC

O pasado luns 08/11/2021 María José Gómez Calero, física e investigadora do IGFAE, impartiu ao alumnado de 3º ESO do noso centro o obradoiro titulado "Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica". As alumnas e alumnos puideron achegarse máis ao concepto de radiación e, en particular, á radiación ionizante coñecendo a súa presenza na natureza e as súas aplicacións para diagnosticar e tratar doenzas e para producir enerxía eléctrica. Tiveron a oportunidade ademais de observar in situ a medición da radiación emitida por unha fonte radiactiva empregando un contador Geiger.

 

Xornada de observación astronómica do OARMA da USC

O pasado martes 26/10/2021 ás 20:00 h o alumnado do IES Terra de soneira puido disfrutar dunha sesión de observación astronómica. Pedro Pablo Campo Díaz, astrónomo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, impartiu unha breve charla ao aire libre sobre o tema e posteriormente o alumnado asistente (tanto da ESO como de Bacharelato) puido observar a través do telescopio varios astros: Saturno, Xúpiter e varios dos seus satélites e tamén unha estrela dobre.

 

 

 

CURSO 2019/2020

Calendario de mulleres científicas

Pequena homenaxe en forma de calendario a esta ducia de científicas de relevancia internacional -varias delas galegas- elaborada en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

 

Visita a SOGAMA

O pasado mércores 19/02/2019 o alumnado de 2º ESO-A e 2º ESO-B visitou o complexo medioambiental de SOGAMA situado en Cerceda. Ademais de asistir a unha charla de educación ambiental, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer e visitar as instalacións desta empresa pública encargada de xestionar a maior parte dos residuos urbanos producidos en Galicia.

 

CIENTÍFICA MENTE

O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, está a organizar o concurso de retos científicos máis estimulante dos últimos tempos: CIENTÍFICA MENTE. O concurso desenvolverase entre o 13 de febreiro e o 30 de abril e poderá participar nel todo o alumnado do centro de forma individual ou por parellas. O reto de cada semana xunto coas bases xerais do concurso están colgados nos respectivos expositores dos edificios da ESO e Bacharelato. Anímate a poñer a proba o teu pensamento científico!

 

Visita a AMSLab

O pasado xoves 28/11/2019 o alumnado de ciencias de 1º de Bacharelato visitou os laboratorios de AMSLab en Lugo, nos que efectúan análises físicas, químicas e biolóxicas para a industria da moda, alimentación, veterinaria e farmacéutica.

Queremos agradecer ao persoal de AMSLab o excelente trato recibido. Grazas ás súas didácticas explicacións os estudantes puideron coñecer o importante papel que a ciencia ten na nosa sociedade, axudando a mellorar a protección tanto das persoas como do ambiente. Así mesmo, o alumnado puido apreciar a rigorosidade coa que deben traballar os científicos para conseguir resultados precisos e fiables. 

 

Participación nas VII xornadas do CIQUS

O venres 22/11/2019 o alumnado que cursa a materia de Química de 2º Bacharelato participou nas xornadas do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da USC. 

Ademais de recibir información sobre as principais liñas de traballo que se desenvolven no centro e os estudos de Química, os estudantes realizaron diversas experiencias nos seus laboratorios e unha visita guiada polas instalacións que albergan sofisticados equipos para a análise e manipulación en condicións especiais de compostos químicos.

 

CURSO 2018/2019

 

Un alumno do IES Terra de Soneira seleccionado para participar nos Campus Científicos de Verán da USC

O alumno de 1º Bacharelato de ciencias, David Roget Blanco, foi seleccionado para participar no proxecto: "MathematiCSI: Mathematical Scene Investigation" dos Campus Científicos de Verán da USC. Parabéns!

 

Finalistas no concurso "A Táboa Periódica e Galicia!"

Parabéns ás alumnas de 3º ESO finalistas no concurso "A Táboa Periodica e Galicia!" da Facultade de Química da USC polos seus traballos sobre o volframio:

-Nuria Capelo, Andrea Méndez, Nerea Rojo e María Villaverde (3º ESO A)

-Alexia Canosa, Andrea Capelo e Nerea Fernández (3º ESO B)

Podedes visualizar todos os carteis participantes aquí.

 

Visita a SOGAMA

O pasado 21/03/2019 o alumnado de 3º ESO  do noso centro visitou as instalacións de SOGAMA en Cerceda. Encantados co trato recibido!

 

Exposición "Científicas pioneiras"

Así de fermosos quedaron os marcapáxinas de mulleres científicas elaborados polo alumnado de 2º ESO do IES Terra de Soneira baixo a coordinación do departamento de Física e Química. Ver vídeo.

 

  CURSO 2017/2018

Conferencia de Ramón Cid

O pasado 15/01/2018 o alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato de ciencias asistiu a unha interesante conferencia sobre o CERN e o LHC impartida no noso centro por Ramón Cid Manzano, catedrático de Física e Química no IES de Sar e profesor asociado no Departamento de Didácticas Aplicadas da USC.

 

CURSO 2016/2017

Conferencia de Jorge Mira

O pasado 06/03/2017 Jorge Mira Pérez, catedrático de electromagnetismo da USC e divulgador científico, impartiu no IES Terra de Soneira unha interesante conferencia baixo o título: Multiplicámonos: como animais? dirixida ao alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º Bacharelato de ciencias.

 

AdxuntoTamaño
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA 2022_2023.pdf1.49 MB
ADDENDA FÍSICA E QUÍMICA 2022 2023.PDF670.73 KB
Programación 1º BAC Física e Química.pdf300.53 KB
Programación 3º ESO Física e Química.pdf268.38 KB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO FÍSICA E QUÍMICA 23-24259.64 KB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO FÍSICA E QUÍMICA 23-24216.5 KB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 4º ESO FÍSICA E QUÍMICA 23-24233.26 KB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1º BAC FÍSICA E QUÍMICA 23-24235.44 KB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BAC FÍSICA 23-24240.52 KB
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BAC QUÍMICA 23-24245.75 KB