Skip to Content

cómo solicitar o título de BACH

PASOS A SEGUIR

  1. Abonar a taxa na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia: fai click aquí.
  2. Preme en Pago de taxas e Prezos: Iniciar Taxa (Modalidade Candado aberto-acceso libre ao servizo).

Pago telemático de taxas/prezos

        3.Ir escribindo os seguintes códigos no formulario:

  • Consellería: 07-Cultura, educación e universidade
  • Delegación: 13-Servizos centrais
  • Servizo: 03-Ensino medio
  • Taxa: 302003-Expedición de títulos
  • Obxecto de pago: Expedición título bacharelato
  • 4. Datos de pago a ingresar:
  • Tarifa normal: 54,00€
    Familia Numerosa xeral: 27,03€
    Familia Numerosa especial: 0,00€
    Duplicado: 70,38€ para tramitar a solicitude de publicación no DOG e 4,98€ trala publicacion no DOG.
  1. Datos persoais:
  2. Suxeito pasivo: cubrir os teus datos
  3. Representante: non cubrir
  4. Modo de pago: hai dúas opcións
    • Pago telemático: para pagar ao momento con tarxeta. Nesta opción, cando remates descargarás un xustificante para presentar no instituto.
    • Descargar modelo presencial: descargas un PDF para imprimir, son 3 páxinas, que tes que levar ao banco para pagar e selar, levar un resgardo para o instituto e quedarte co outro resgardo.


page | by Dr. Radut