Skip to Content

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR O TÍTULO DE CICLO SUPERIOR

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR O TÍTULO DE CICLO SUPERIOR

PASOS A SEGUIR

1.Facer a solicitude na secretaría do centro e abonar a taxa na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia: fai click aquí. 

2.Preme en Pago de taxas e Prezos: Iniciar Taxa (Modalidade Candado aberto-acceso libre ao servizo).

Pago telemático de taxas/prezos

3.Ir escribindo os seguintes códigos no formulario:

•Consellería: 07-Cultura, educación e universidade

•Delegación: 13-Servizos centrais

•Servizo: 03-Ensino medio

•Taxa: 302003-Expedición de títulos

•Obxecto de pago: Expedición título Ciclo Superior

4.Datos de pago a ingresar:

 

  • Tarifa normal: 54,00€
    Familia Numerosa xeral: 27,03€
    Familia Numerosa especial: 0,00€
    Duplicado: 70,38€ para tramitar a solicitude de publicación no DOG e 4,98€ trala publicacion no DOG.

5.Datos persoais:

-Suxeito pasivo: cubrir os teus datos

-Representante: non cubrir

6.Modo de pago: hai dúas opcións

•Pago telemático: para pagar ao momento con tarxeta. Nesta opción, cando remates descargarás un xustificante para presentar no instituto.

•Descargar modelo presencial: descargas un PDF para imprimir, son 3 páxinas, que tes que levar ao banco para pagar e selar, levar un resgardo para o instituto e quedarte co outro resgardo.

 



page | by Dr. Radut