Skip to Content

CERTIFICADOS CELGA

A petición de certificados CELGA debe realizarse a través da páxina web do centro, durante o mes de agosto, deixando os datos e un teléfono de contacto. A entrega de ditos certificados realizarase a partir do día 26 de agosto.

ABAU 2024

Despois de finalizar a convocatoria ordinaria das ABAU 2024, o IES Salvador de Madariaga acadou unha media a nivel galego de 7,210, pasando a formar parte dun número importante de centros galegos e da provincia da Coruña que acada unha media superior ao 7. Isto significa que os bos resultados se confirman tanto a nivel comunitario como provincial e sobre todo a nivel de centros. NORABOA a TODOS e TODAS!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/selectividad/2024/06/20/abau-2024-centros-gallegos-mejores-notas/00031718901687350668953.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=00031718901687350668953

ACTO DE GRADUACIÓN 2º DE BACH 2024

O pasado 24 de maio, no Paraninfo da Universidade, celebramos toda a comunidade educativa do IES Salvador de Madariaga, o acto de graduación de 2º de bacharelato. No evento, léronse discursos, houbo actuacións musicais e rematou cantando todos xuntos o himno galego coa participación do Coro do instituto.

NORABOA A TODAS E TODOS!!!

 

https://drive.google.com/file/d/151hwL466QMUy6cMImtYbugF5xVRU7fmE/view?usp=drive_link

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hai unhas semanas celebramos no noso centro o Día das letras galegas. Este ano, a persoa homenaxeada foi Luísa Villalta que destacou pola súa produción literaria en lingua galega, así como pola defensa da nosa lingua.

Dirixido polo EDGL e coa colaboración do departamento de música, realizamos unha pequena conmemoración deste día no interior do instituto á que asistiu toda a comunidade educativa. Nela explicamos quen foi Luísa Villalta, lemos algún dos seus poemas e o coro interpretou cancións como “Sementeira”, “A Luísa” ou o Himno galego.

Do mesmo xeito, catro membros do EDLG asistiron ao Paraninfo á celebración que fixo a Universidade da Coruña deste día, onde leron un dos poemas da obra En concreto de Villalta.

https://www.youtube.com/watch?v=pk5Kml06p6E

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA, BIBLIOTECA MUNICIPAL DOS ROSALES

O día 23 de abril, Día do Libro, fíxose entrega, no Salón de actos do centro, dos premios do Concurso de fotografía, convocado pola Biblioteca municipal de Los Rosales, para o alumnado de 3º da ESO. O concurso consistía en elaborar unha fotografía alusiva á lectura ou a obras literarias.

Os premiados foron: Martín Veiga Fidalgo de 3º A que recibiu o 3º premio; María Carreira Galán e Ángela Mourelle López de 3º C, que recibiron conxuntamente o 2º premio, e un 1º premio para o grupo formado por José Bermúdez Rodríguez; Javier Andrés González Campos e Heyker Rodríguez Uzcategui, de 3º C.

As fotografías de todos os participantes están expostas na Biblioteca municipal durante un mes a partir do día 23 de abril.

 

 

"DESTINO REAL" CINEMA NA ESCOLA

https://youtube.com/watch?v=t76SR1UkTIc&feature=shared

Desde o IES Salvador de Madariaga, presentamos Destino Real, a nosa proposta para o concurso Cinema na Escola. Sumerxete na nosa historia  e no noso destino onde só algúns poucos poderán pasar. A curta contén sorpresas... non vos perdades ningún detalle. Imos a concurso, axudanos a gañar! Dinfunde, dalle a me gusta e recorda velo completo.

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, celebramos o Día do Libro no IES Salvador de Madariaga. Ao centro viñeron Quevedo, Cervantes, a Celestina, Rosalía, o pirata de Espronceda, Valle-Inclán entre outros. Dámoslles todo o noso agadecemento.

ROTEIRO ROSALIANO

O pasado martes 19 de marzo o alumnado de 1º de Bacharelato realizou o roteiro rosaliano “De Padrón polos camiños” no cal visitaron a casa de Rosalía de Castro, o pazo de Arretén, Iria Flavia e Padrón para acabar no Panteón de Galegos Ilustres en Santiago de Compostela.

 

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

O pasado luns 18 de marzo, alumnado do noso centro de 4º da ESO, celebramos o Día Internacional da Poesía. Para o evento contamos coa participación de Dores Tembrás. Tamén participou o Coro de bacharelato do noso IES.

 

Enlace ao vídeo da visita da poeta Dores Tembrás: https://drive.google.com/file/d/1WxBtWKzvW5QPCEnaPuQQI5rzF1SeRbKg/view?usp=drive_link

 

CONVOCATORIA BECAS DO MEC 24/25

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • •Bacharelato 

  • •Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados  

  • •Formación Profesional de grao medio e de grao superior  

  • •Ensinos artísticos: profesionais e superiores  

  • •Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia 

  • •Ensinos deportivos  

  • •Estudos relixiosos superiores  

  • •Formación Profesional de Grao Básico  

  • •Ensino universitario: Grados, Máster...  

 

COMO SOLICITALA?.

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE.

 

  • ➔Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal: 

 

  • •Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar. 

  • •Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.  

 

  • ➔Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:  

 

  • •.Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou  

  • •.Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.  

     

3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

 

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:

 
DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS
XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

 

  • ➔PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)  

     

  • ➔PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es  

     

  • ➔DURANTE Os MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO  

  • ➔Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.  

Distribuir contido


by Dr. Radut