Skip to Content

VIAXE A ANDORRA 2024

A semana do 13 ao 20 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO, participaron nunha viaxe á neve. O alumnado participante puido disfrutar das pistas de Grandvalira Resorts, sector Pal-Arinsal. O grupo xunto ao profesorado acompañante pernoctaron en La Massana, fixeron unha visita ao complexo termo-lúdico "Caldea" e tamén visitaron as rúas máis carismáticas de Andorra La Vella. 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado mes de decembro o alumnado de 3º da ESO do noso centro, participou dentro do programa "Coñece as túas institucións". A visita consistiu nun percorrido polo edificio da Xunta de Galicia, para despois visitar o Parlamento de Galicia e participar nun pleno en directo. O alumnado puido sentarse na sala de xuntas, donde se reune o goberno de Galicia, e así poder experimentar a responsabilidade do goberno.

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

O pasado 28 de novembro o alumnado de 2º de bacharelato, realizou un encontro con Arantza Portabales. O alumnado disfrutou dunha interesante charla-coloquio, firma de libros e preguntas.

 

.

CONMEMORACIÓN 25N

Esta mañá, no IES Salvador de Madariaga da Coruña conmemoramos o 25N ou Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Para isto, fixemos un acto no patio en repulsa da violencia no que participou toda a comunidade educativa. O coro do instituto interpretou "Every breath you take" de The police, que trata sobre unha persoa controladora e obsesiva que persegue a unha muller, e o que xa é todo un himno neste día, "A porta violeta de Rozalén", que nos recorda que sempre hai unha saída.
Ademais, durante o acto, léronse distintos testemuños de mulleres reais que no seu momento foron vitimas de violencia e un manifesto feito polo alumnado que condena estes actos. Finalmente, o alumnado de 1° da ESO creou un gran lazo humano (como se aprecia na fotografía) mentres todos gardamos un minuto de silencio en mostra de rexeitamento ante este tipo de comportamentos.

 

 

https://youtu.be/KMtxqbNhiyM?si=OftkoUKSFfPvnJRs

CONCURSO DE SAMAÍN

O venres pasado entregamos os premios do concurso de Samaín organixado polo EDLG e a Biblioteca do centro. O xurado valorou o texto de terror elaborado polo alumnado xunto coa cabaza caracterizada que o acompañaba. Entregouse un premio na ESO a Lucía Piñeiro e outro en Bacharelato a David Alfaro. Parabéns!!

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado mes de outubro celebramos na Biblioteca o Día das Escritoras. Para iso, ademais de facer unha exposición dalgúns dos libros que temos escritos por mulleres, realizamos un xogo. A actividade consistía en relacionar escritoras de diferentes literaturas (Emilia Pardo Bazán, Jane Austen, Astrid Lindgren, Agatha Chistie,...) con datos da súa vida e obra. Noraboa a todos/as os/as gañadores/as!!

III CONCURSO DE DRONS NA AULA (2023)

Tres dos nosos alumnos e alumnas, veñen de gañar o Premio especial do Concello da Coruña ao centro mellor clasificado, no III concurso de Drons na aula, nesta edición do 2023.

Os premiados son:

-Martín Morrogh Bernard Pillado

-Sara García Dapena

-Antón Lorenzo Portela

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/2025

Publicación no BOP das bases do PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25, que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpla os seguintes requisitos: (arquivos adxuntos).

Distribuir contido


by Dr. Radut