Skip to Content

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O pasado xoves día 3 de novembro a ANPA organizou no centro un magosto onde toda a comunidade educativa puido comer as tradicionais castañas. Alén diso, e coa celebración recente do Samaín, o EDLG xunto coa Biblioteca do centro organizaron un contacontos no que diferentes alumnos e alumnas do EDLG puideron contar catro historias de medo.

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Parabéns a MARTA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, alumna do IES Salvador de Madariaga que cursou toda a ESO con nós, por gañar o Premio Extraordinario de ESO ao rendemento académico 2021-2022.

VISITA AOS ESTUDIOS MANS

O pasado luns sete de novembro os nosos alumnos de segundo de bacharelato de cultura audiovisual, participaron nunha visita guiada aos estudios MANS.

         

Renovación do Consello Escolar 2022-2023

Constituida a Xunta Electoral o día 3 de novembro ás 11:00h, e segundo a normativa, esta procede a:

1. Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para consulta). Prazo límite para presentación de reclamacións: 11 de novembro (ata as 14:00 horas), mediante escrito dirixido á Xunta Electoral.

2. Concretar o calendario electoral:

 

Referencias legais:

Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Circular 18/00 pola que se completa a circular 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos de ensinanzas non universitarias

Circular 1/98, do 2 de febreiro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria

I competicións Internas las modalidades de brile, baloncesto e fútbol sala

Hoxe 27 de setembro de 2022 é o inicio das I Competicións Internas nas modalidades de brilé, baloncesto e fútbol sala organizadas polo departamento de Educación Física do IES Salvador de Madariaga.

HORARIO DE SEMANA SANTA 2023

O horario xeral de atención ao público durante  a Semana Santa de abril 2023 será o seguinte:

O Centro estará aberto de 9:30 a 13:30 durante os días 3, 4 e 5 de abril. A Secretaría estará pechada o luns 3.

O luns 10 de abril o Centro estará pechado.

Os certificados e demáis trámites solicitados a través da páxina web non se tramitarán ata despois do día 11 de abril.

Fondo solidario de libros de texto curso 2023-2024

 

O prazo de presentación das solicitudes de participación no Fondo solidario de libros de texto e de axudas para o material escolar será do 20 de maio ao 21 de xuño.

 

Pódense presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento recomendado) ou na Secretaría do Instituto en horario de 9:00 a 14:00.

- Máis información na Aplicación FondoLibros.

- Modelos de impresos Anexos I e II

- Documentación necesaria

- Preguntas frecuentes

- Devolución de libros do curso 2021-2022: día 20 de xuño na Biblioteca no seguinte horario:

De 09:00 a 10:30 : 3º ESO

De 10:30 a 12:00 : 4º ESO

Só se entregan en Bilblioteca os libros prestados pola Xunta, xestionados pola Secretaría do Centro.

Publlicación listaxes provisionais: 12 de xullo.

Prazo de reclamacións: días 13 e 14 de xullo.

Publicación listaxes definitivas: 26 de xullo.

 

Vales de material

 

   Os vales de material  xa asignados  poderanse recollerse na secretaría do centro .

Os cheques entregaranse á persoa solicitante, tras comprobar DNI, ou persoa maior de idade que traia a autorización de recollida de documentos, disponible no enlace Impresos na sección Secretaría desta páxina.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut