Pais/Nais
Benvidos á web do IES Rosais 2
Mesa redonda 12 abril
admin — Xov, 02/05/2024 - 10:27
No mes de abril o departamento de orientación organizou unha mesa redonda con antigos alumnos do IES ROSAIS coa finalidade de orientar e asesorar ao alumnado de Bacharelato a escoller o seu futuro.
Foi un coloquio enriquecedor e dinámico onde 8 antiguos alumnos compartiron en profundidade os retos e dificultades que tiveron que enfrontar na etapa universitaria e no mundo laboral.
Para o IES ROSAIS 2 é un orgullo poder contar coa colaboración destes ex alumnos que actualmente están prestando os seus servizos en empresas líderes de diferentes sectores.
Aí van os mentores que participaron na xornada:
1. CAROLINA GONZÁLEZ PÉREZ ENX. TELECOMUNICACIONES
2. MARIEL MÁRQUEZ BARREIRO ENX. TELECOMUNICACIONES
3. VALENTINA PATRICIA REINOSO FERNÁNDEZ ENX. ELECTRÓNICA
4. ADRIÁN GONZÁLEZ GÓMEZ Graduado MATEMÁTICAS
5. ALBA GONZÁLEZ MÉNDEZ Graduada PSICOLOXÍA
6. JAIME ÁLVAREZ DÍAZ ENX. INDUSTRIAL
7. ÓSCAR FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ CS ANIMACIÓN TURÍSTICA
8. VÍCTOR PÉREZ CURRÁS Graduado PERIODISMO
¡Grazas por compartir a vosa experiencia!
Calendario exames 2º Bach comvocatoria ordinaria
admin — Mér, 17/04/2024 - 13:05
Luns 6 maio | Martes 7 maio | Mercores 8 Maio | Xoves 9 maio |
10:00 Lengua Castelá | 10:00 Bioloxía | 10:00 Filosofía | 10:00 Química/Economía |
12:30 Xeografía/ Hº Arte | 12:30 Alemán/ Francés/ TIC | 12:30 Debuxo | |
Venres 10 maio | Luns 13 maio | Martes 14 maio | |
10:00 Historia | 10:00 Matemáticas acedémicas | 10:00 Matemáticas aplicadas | |
12:30 Inglés | 12:30 Lingua Galega | 12:30 Física/Latín |
Vacantes curso 24-25
admin — Mar, 27/02/2024 - 12:33
Educación Secundaria Obrigatoria:
- 1ºESO: 16 vacantes
- 3ºESO: 6 vacantes
- 4º ESO: 4 vacantes
Bacharelato
- 1º Bacharelato de ciencias: 16 vacantes
- 1º Bacharelato humanidades: 44 vacantes
- 2º Bacharelato Ciencias: 19 vacantes
- 2º Bacharelato Humanidades: 38 vacantes
Olimpíadas Tecnoloxía 23-24
admin — Xov, 22/02/2024 - 11:21
O IES Rosais 2 participará nas Olimpíadas de Teleco con varios equipos de ESO e Bacharelato. O 25 de xaneiro asistiron ao acto de presentación que incluíu ademais unha charla técnica sobre as telecomunicacións e unha visita guiada á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. O 1 de febreiro tiveron tamén unha sesión online de formación básica en Micro:bit como preparación antes da Olimpíada. Os profesores que están preparando ao alumnado son Víctor Ronco e Óscar Loeda, do Departamento de Tecnoloxía.
Pista de Xeo en Samil
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:10
O Departamento de Educación Física organizou unha actividade de patinaxe para o alumnado de 1º da ESO. Desfrutaron dunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada en Samil o 15 de xaneiro.
Charla “Que se fai na informática industrial?”
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:06
O 19 de decembro, o alumnado de 1º BAC A e B asistiu á charla “Que se fai na informática industrial?”. O obxectivo da charla era dar a coñecer os principais avances na informática industrial, desde a utilización dos computadores ata a impresión 3D, facendo ver como é posible que se deseñe calquera cousa utilizando unha computadora e seguindo o seu proceso ata que se fabrica con control por computadora., para sistemas industriais de control, visión artificial, internet das cousas (IoT), robots, etc. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do instituto e o relator foi Manuel Pérez Cota, da UVigo.
Charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”.
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:03
O 18 de decembro, o alumnado de 1º BAC C e D asistiu á charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”. A innovación xoga un papel importante na empresa e no tecido económico pero, que é innovar? Que é un modelo de negocio innovador? Basta con ter unha idea orixinal ou unha tecnoloxía nova para innovar e pór en marcha un negocio? Que cambiou na innovación e nos negocios coa chegada da era dixital? A charla tratou esta temática analizando os novos patróns de innovación na empresa, os seus motores tecnolóxicos (internet, dispositivos móbiles, macrodatos (big data), a nube, etc.) de xeito ameno e con casos reais. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do centro e o relator foi Emilio García Roselló, da UVigo.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+