Pais/Nais
PROXECTO EUROPEO “A PROPÓSITO DE ROBLES, HERBÍVOROS Y ENEMIGOS NATURALES DE LOS HERBÍVOROS”
admin — Mar, 25/06/2019 - 14:38
Un grupo de alumn@s de 4º ESO acompañado polas profesoras Olga Mijón e María González do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Olga Mijón e María González, participan no proxecto europeo “A propósito de robles, herbívoros y enemigos naturales de los herbívoros” en colaboración coa investigadora Andrea Cortegoso do grupo de Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).
Este é o segundo ano que o Centro participa no proxecto que pretende estimar a taxa de depredación do carballo común (Quercus robur). O traballo de campo realizouse os días 16 de maio, 30 de maio e 13 de xuño. A árbore seleccionada estaba no monte da Guía, confeccionáronse eirugas falsas, instaláronse nas ramas dun carballo e foron periódicamente cambiadas e revisadas para detectar marcas de depredación. Detectamos un alto índice de depredación predominando as marcas realizadas por páxaros e insectos. O estudo aínda continúa analizando as follas recollidas. Os datos obtidos compartiranse co resto de centros europeos que participan no proxecto.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+