Pais/Nais
SAÍDA ÁS ILLAS CÍES
O día 26 de setembro o alumnado de 3º E.S.O. B participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Teresa Blanco e Victoria Cobas. A saída tivo como obxectivo visitar as illas Cíes para apreciar a súa gran riqueza natural, a súa flora e a súa fauna.
Ao chegar a illa de Monteagudo, fíxose un percorrido pola praia de Rodas desde o seu extremo norte continuando a través do sistema dunar de Muxieiro para chegar ao Lago dos Nenos, un lugar ideal para o refuxio e a cría de multitude de especies e unha das zonas de maior interese ecolóxico e fraxilidade do Parque Nacional. Unha vez cruzado o dique que une a illa de Monteagudo coa de Faro, comezou a subida ata o miradoiro da pedra dá Campá, terminando no observatorio de aves desde o cal púidose contemplar as gaivotas patiamarelas que aniñan nos cantís e mesmo algún grupo de corvos mariños moñudos que se decantan polas zonas máis próximas ao mar para establecer os seus niños. Ao mesmo tempo, o alumnado puido gozar dunhas impresionantes vistas do Lago e da praia de Rodas.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+