Pais/Nais
RALLY CIENTÍFICO – MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS EN TOULOUSE
Alumnado do IES Rosais 2, tras gañar a final autonómica do V Rally de Ciencias, participou por terceiro ano consecutivo na final internacional organizada polo Institut de Recherche pour l’Enseignement des Sciencies en colaboración con Igaciencia. A proba realizouse o 2 de Xuño na Universidade Paul Sabatier Toulouse III. O equipo de 4º ESO que representou ao Centro na final internacional en Francia, estivo formado por: Brais Castro Martín, Sofía Ferreiro Bello, Alberte Gil Gómez, Víctor Irisarri Piñera, David Padín Pico, Sara Rivas Pereira, José Manuel Sierra Rey e Iñaki Zabala Villar.
A estancia en Toulouse permitíu observar a arquitectura característica de Toulouse e algúns edificios emblemáticos como a Basilique Saint Sernin, o Museé des Augustines, a Place du Capitole, a Pont Saint-Pierre, e a visita o Muséum d’Histoire Naturelle que alberga en 3000 m2 de exposición unha importante representación de mostras xeolóxicas, biolóxicas e un xardín botánico, que mostran a relación entre o ser humano, a natureza e a contorna. Ademáis foi posible visitar a Cité Médievale de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias do alumnado.
Fragmento da “Chanson du Rallye”:
“Les mathématiques
La Biologie, chimie et la physique
Travail en équipe
On cherche, on discute, c’est fantastique”
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+