Pais/Nais
O 17 de febreiro o alumnado de primeiro de bacharelato A e B, acompañados polas profesoras Dª Victoria Cobas e Dª Marina González, visitaron o Domus, o Aquarium Finisterrae e o MUNCYT na Coruña.
O 4 de febreiro o alumnado de TIC de primeiro de bacharelato acompañados polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª Mª Ángeles Fernández visitaron el Marco.
O alumnado percorreu distintos enclaves da cidade coas súas cámaras en man facendo retratos e captando os espazos baleiros, as cores, a auga e as profesións.
O 25 de Xaneiro, os alumnos de 2º BACH A, B e C, acompañados por D. Juan Carlos Ares, Dª Charo Lucas e Dª Olga Mijón, visitaron as instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa e o Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CIQUS) da USC.
A visita ao Observatorio permitiu coñecer a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller, o funcionamento e tipos de telescopios astronómicos, o emprego doutros instrumentos coma o heliógrafo, o reloxo atómico de cesio e o traballo que realizan os investigadores especializados no estudo de estrelas dobres e exoplanetas, a observación de bólidos, a colaboración coa AEMET (axencia estatal de metereoloxía) mediante os datos metereolóxicos rexistrados e e ademáis abordar temas moi interesantes como a búsqueda de vida no universo, o emprego de sondas, as alineacións planetarias,as actividades que realiza o observatorio, etc.
Nos laboratorios do CIQUS o alumnado levou a cabo a síntese de paracetamol e ácido acetilsalicílico e realizou unha visita aos laboratorios de instrumentación onde recibiu explicación básica dalgunhas técnicas de análise (cromatografía de gases, HPLC) e de determinación estrutural (espectrometría de masas, espectroscopía IR e RMN).
Ademais mostráronselles diferentes experimentos : reacción oscilante, ensaio de Tollens, polimerizacións e experiencias con N2 líquido e xeo seco.
O 12 de xaneiro organizouse o charla-coloquio: "Programa Mentalízate", para o alumnado de 4º de ESO.
Dª Silvia Arias, Psicóloga de la Asociación DOA, foi a relatora.
O 13 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO, acompañado polos profesores Dª Susana Puente e D. Manuel Quinteiro, realizarou unha visita á pista de xeo.
O 11 de xaneiro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "Aplicacións da biotecnoloxía e a enxeñaría ambiental ”.
D.Francisco Omil Prieto, catedrático de enxeñería química e director da ETSE de Santiago, foi o relator da mesma.
Alumnado de diferentes cursos participaron no Festival con diferentes tipos de actuacións: tocar o piano, violín, guitarra, cantar, bailar e monólogos.
O curso 4º ESO A participou baixo a dirección da profesora de música dona Laura Rodríguez.
¡As nosas felicitacións a todas as persoas participantes!
Un ano máis o alumnado da ESO participou no concurso de postais de Nadal.
Os ganadores foron:
1º Premio: David Vázquez Estévez, alumno de 4º ESO A.
2º Premio: Sergio Rial Suárez, alumno de 1º ESO B.
Accésits: Tomás García Álvarez, alumno de 3º ESO A, Noa Copero Lamas, alumna de 4º ESO C, e Eva Lareo Manzano, alumna de 1º ESO A
O 15 de decembro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "¿Agora qué fago?. Claves para a elección de estudos o carreira profesional".
Dª Belén Charo, profesora do Departamento de Psicoloxía da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais ICAI-ICADE, foi a relatora da mesma.
O 10 de decembro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "Estudos de psicoloxía, pedagoxía e maxisterio”.
D. Hipólito Puente, vicedecano do Colexio de Psicólogos de Galicia, foi o relator da mesma.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+