Pais/Nais
EXPOSICIÓN PAISAXES HISTOLÓXICAS
admin — Ven, 11/12/2020 - 15:15
EXPOSICIÓN PAISAXES HISTOLÓXICAS
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, presentou a exposición “Paisaxes histolóxicas” realizada pola profesora e Doutora Rosa Álvarez do Depto. de Bioloxía funcional e ciencias da saúde da Universidade de Vigo. As láminas reflicten a singular beleza dos tecidos que forman parte dos seres vivos despertando a curiosidade do alumnado.
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
admin — Ven, 11/12/2020 - 15:06
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
Para celebrar que o 30 de outubro foi o centenario da revista Nós tivemos no centro unha pequena exposición cos artigos, poemas, portadas… máis salientables de dita revista. Ademais, un grupo do alumnado de cuarto tivo a oportunidade de facer unha visita didáctica en liña por videoconferencia á exposición Galicia, de Nós a Nós, na que se destaca o importante papel que homes e mulleres desta Xeración tivo para a Nosa terra. A actividade estivo organizada pola profesora Liliana Carro Estévez..
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
admin — Xov, 03/12/2020 - 22:26
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o centro participou na actividade asociada ao programa EnlazaVigo 2020 do Concello de Vigo. O alumnado elaborou slogans contra a violencia de xénero co que despois decoraron as escaleiras e paredes do centro. Un deles tamén foi escollido para a exposición da Rúa Peonil do Calvario.
Ademais, o alumnado de 3º ESO en adiante viu a obra de teatro online “O último romántico”, na que se trata a violencia de xénero, e participou nun coloquio coa autora da obra e a produtora.
PREMIO EXTRAORDINARIO DA ESO. CURSO 2019/2020.
admin — Xov, 03/12/2020 - 22:11
PREMIO EXTRAORDINARIO DA ESO. CURSO 2019/2020.
Parabéns a Diego Fariña Rodríguez e a Candela Rivas López pola obtención do Premio Extraordinario da ESO do curso 2019/2020. Dende o centro quixemos agasallalos polo seu esforzo e traballo.
RALLY CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 2020: O EQUIPO DE 4º ESO B PASA Á FINAL AUTONÓMICA.
admin — Sáb, 21/03/2020 - 23:01
RALLY CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 2020: O EQUIPO DE 4º ESO B PASA Á FINAL AUTONÓMICA
O pasado 10 de marzo tivo lugar a fase de centros do Rally Científico-Matemático 2020. Nesta fase o equipo de 4º ESO B do noso centro que participou pola modalidade de Física e Química, quedou entre os tres primeiros centros participantes, acadando a final autonómica. O equipo está formado por oito integrantes: Pablo Álvarez Baqueiro, Martín Barcia Carbajal, Inés Bernárdez Rodríguez, Diego Fariña Rodríguez, Marta Gómez González, Laura Xiang Pérez Cerqueira, Alba Pérez Collazo e Santiago Sesto Barrios. Parabéns e agradecemento polo seu esforzo, dedicación e motivación.
ACCÉSIT NOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA (48ª Edición)
admin — Sáb, 21/03/2020 - 21:59
ACCÉSIT NOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA (48ª Edición)
Parabéns ó alumno Miguel García-Miguel Diz de 2º Bacharelato D por acadar o 2º accésit na modalidade de poesía nos Premios Literarios Minerva. O traballo presentado leva o título de Vaivén, e resultou premiado entre os 39 traballos presentados. Noraboa!
1º CLASIFICADA NA FASE LOCAL DA XXXI OLIMPIADA INTERNACIONAL DE FÍSICA
admin — Xov, 12/03/2020 - 02:05
1º CLASIFICADA NA FASE LOCAL DA XXXI OLIMPIADA INTERNACIONAL DE FÍSICA
Parabéns á alumna do noso Centro, María Rodríguez Domínguez de 2º bacharelato A, por acadar o 1º posto na clasificación na Fase Local da XXXI Olimpíada Internacional de Física. O certame celebrouse o venres 6 de marzo na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. María, participará na Fase Nacional que terá lugar en Murcia, do 23 ao 26 de abril, na que se seleccionará a cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional. Noraboa!
VISITA Á E.D.A.R. DO LAGARES
admin — Mér, 11/03/2020 - 22:12
VISITA Á E.D.A.R. DO LAGARES
As alumnas e alumnos que cursan a materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de bacharelato visitaron o 3 de marzo a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares en Vigo, acompañados das profesoras Olga Mijón e Sara González. A actividade, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, tiña como obxectivo coñecer as instalacións e procesos de depuración da E.D.A.R. de Vigo coa finalidade de ampliar os coñecementos sobre contaminación das augas e fomentar a concienciación medioambiental dos 29 alumnos e alumnas.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “FORMACIÓN EN XESTIÓN HOSTALEIRA. O FUTURO DO SECTOR”
admin — Ven, 06/03/2020 - 23:31
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “FORMACIÓN EN XESTIÓN HOSTALEIRA. O FUTURO DO SECTOR”
O 2 de marzo celebrouse a charla-coloquio de formación profesional "Formación en xestión hostaleira”, impartida por D. Óscar Alfeirán profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
admin — Ven, 06/03/2020 - 23:22
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado venres 28 de febreiro, o alumnado de Historia da Arte de 2º Bach D acompañados da súa profesora, Luisa González Ríos, realizaron unha visita á cidade de Santiago de Compostela. Despois da obrigada parada na Catedral, achegáronse ata o Mosteiro de San Martín Pinario, Museo do Pobo Galego, Parque de Santo Domingo, Convento de Santa Clara, Pazo Colexio de Fonseca, Pazo Bendaña, Casas do Deán, Porta de Mazarelos, Alameda, etc... Un fermoso día no que se cambiou a aula polas estradas santiaguesas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+